Amosando publicacións coa etiqueta 4_ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4_ESO. Amosar todas as publicacións

30.6.13

Ética para Amador .

Na clase de Ética estamos lindo un libro titulado "Ética para Amador" de Fernando Savater  .
Chámame moito a atención porque nos fai reflexionar sobre as cousas que non son necesarias e que as veces apreciamos mais as cousas materiais . Tamén fálanos do que nos conven e do que non e que non siempre o que pensamos nos vai beneficiari.

6.6.13

DE TURISMO POR SOBRADO


Hai dous días estiben de turismo pola terra natal do meu pai visitando diferentes sitios que fan de Sobrado un lugar fermoso.

Unha desas fermosidades é o seu mosteiro de tipo barroco e renacentista do ano 952 que a pesar de que pasou por varios altibaixos, xa que foi abandoado varias veces, segue en pé grazas as reformas de Quiroga Palacios ( arzobispo da Catedral de Santiago).



PRATOS TÍPICOS DE UCRAÍNA


Os pratos típicos do meu país son moi ricos pero tamén teñen bastante calorías, porque no inverno necesítase máis enerxia (por iso as sopas son as máis populares).

A DANZA DO VENTRE



Como algúns sabedes, na miña familia por parte de pai, teño descendencia turca o que me leva a ter curiosidade pola súa cultura e a forma de ser da súa xente.

Fai xa uns 9 anos máis ou menos, comecei a ir a unhas clases particulares de baile turco, grazas ás irmás do meu pai.

Ao principio pensei que sería un aburrimento, pero cando a profesora Alina díxome que ía facer Danza do ventre, quedei bastante impresionada.

O primeiro que pensei foi en que consistía?

·A danza do ventre, tamén chamada danza árabe, é unha danza que combina elementos tradicionais de Oriente Medio xunto con outros do Norte de África.


En lingua árabe coñécese como raqs sharqi ("danza do leste" ou "danza oriental"). Inclúe movementos do folclore exipcio, danza clásica e contemporánea, con grandes desprazamentos, voltas e movementos de todas as partes do corpo, pero sobre todo da cadeira. En Turquía, á danza do ventre coñécese como gobek dans ou rakasse.

Pensaba que sería fácil, porque Ali era moi boa no seu, pero cando vin que movía as cadeiras desa forma quedei coa boca aberta.

Días despois ensinoume algúns movementos básicos e máis tarde fixo que estirara un pouco a columna para ter máis elasticidade. Claramente, a dor era moi forte así que tamén o facía en casa.

Co tempo, o sentimento por esa danza foi crecendo igual que a facilidade e a abilidade, por fin, fai uns meses Alina deume un título de bailarina e síntome moi feliz e realizada.

Yanca Almeida

1.6.13

DURAS REALIDADES


"Aquel no era yo" é unha curtametraxe realizada polo guionista Esteban Crespo, estreado en febreiro en Madrid e Bilbao cunha gran acollida por parte do público. 
En "Aquel no era yo", Kaney é un neno soldado dun país africano, con él viven moitos outros nenos soldados seguindo ás ordes do xeneral do exército rebelde. Máis tarde, aparece unha muller española chamada Paula, unha cooperante chegada a África ao carón da súa parexa, Juanjo, cuxo obxectivo é axudar e liberar aos nenos soldado que viven alí. Paula e Kaney reuniránse para comezar unha historia chea de terror, violencia, abuso e liberación.
Realizouse nunha granxa localizada en Escalona (Castela a mancha) que actualmente é usada para airsoft, para crear o campamento foi necesario o material militar procedente da "Academia de Infantería de Toledo" e con extras do municipio e de localidades próximas.
A curta amosa a dureza dunha realidade, a dos nenos e nenas soldados, xeito polo que nós, nos mantemos impasibles ante esa crueldade á que están sometidos. Como di un neno ex-soldado do conflito de Serra Leona: 
 “Ser un soldado non é difícil: ou te acostumbras ou te matan. O máis duro é conseguir vivir cos recordos e volver a ser ti mesmo despois de ter feito as cousas que fixeches”. 
A miña opinión é que se deberían de facer máis curtas deste tipo, para poder facer visible  a realidade e a atrocidade que acontece afastada das nosas vidas: 
 non deixan de ser nenos coma nós sometidos a graves conflitos que non son capaces de solucionar falando. 
Por iso, somos uns previlixiados de vivir onde vivimos.
Para ver como comezaron a gravar a curta fai click aquí. Para ver a curta completa fai click aquí.

Laura Sabugo 

20.4.13

DRAMÁTICO SUCESO NO MEU PAÍS:

Vou comentar un pouco sobre este suceso tan dramático de Chernóbil.
Foi un acciente sucedido na central nuclear de Chernóbil( Ucrania), o sábado 26 de abril de 1986.
A central nuclear encontrase en Ucrania, 18 km ao noroeste da cidade de Chernóbil, a 16 km da frontera entre Ucrania é Bielorrusia é 110 km ao norte da capital de Ucrania, Kiev.
Aquel dia, durante unha proba na que se simulaba un corte do suministro eléctrico, un aumento súbito da potencia no reactor 4 desta central o que terminou provocando a explosión do hidróxido acumulado no seu interior.

9.4.13

AI QUE FAMIÑA... CAMERUNESA!

Sei que a moitos vos interesaria saber cales son as comidas típicas do meu país (Camerún).

Entón decidín facer unha entrada sobre iso, por outra parte non se me ocurría nada mais que facer.

Uhna das comidas máis tradicionales de Camerún é o Fufu e o ndolé Ambos son unha especie de caldo espeso que se come con algún tipo de carne.O ndolé é mais como un estofado que se combina con algunhas herbas, peixe ou carne.



8.4.13

AI QUE FAMIÑA.... COLOMBIANA!

Xa que a miña compañeira falouvos sobre as boas reunións e comidas familiares colombianas, eu complementarei esa bela comida cunhas boas fases.

Cando a familia e amigos teñen preparados todos os suplementos dun bo sancocho e as bebidas (refrescos,cerveixas e o moi coñecido augardente), emprenden o camiño de cara ao río mediante a chíva.

31.3.13

TRADICIÓNS DIVERTIDAS

Mucha gente decora incluso matas y arbolitos con huevos colorados (nueva ventana)Hoxe estiven pensando e dínme de conta que en Suiza, no meu país, síntese moitísimo máis a Pascua.

Tradicionalmente, antes da Pascua os nenos pintan os ovos cocidos cunhas pinturas naturais feitas, por exemplo, coa cenoria, na que sae cor naranxa, coas espinacas, na cal sae o cor verde, coas cáscaras da cebola, na que sae o cor marrón, etc. Esas cores pódense comprar nas tendas xa feitas. Despois decoran unha árbore cos ovos pintados.

5.2.13

"De San Amaro a San Valentín, mes do cocido en Lalín"

Con esta ovación comezaban este pasado 3 de febreiro a XLV feira do Cocido de Lalín, e aínda que non fose San Martiño, déuselle un día de especial veneración ó porco galego.



Esta festa que é de costume celebrala o fin de semana anterior ó de Entroido, primeiramente, creouse nas casas particulares das xentes de Lalín, máis tarde fíxose oficial en toda a cidade coa tradicional matanza do porco no Corpiño, lanzándose así esta celebración para dar a coñecer a gastronomía galega.

1.1.13

Diferentes formas de comezar o ano.




    Xa estamos rematando as Navidades e despóis de tanta enchenta e xuntanzas familiares toca pensar un pouco. Supoño que todos comezaríais o ano cunha serie de propósitos que, coma sempre, non cumpriremos nin a metade. Nós estamos acostumados a comezar o ano comendo as uvas ao son das doce badaladas, aínda que o difícil é non acabar atragantándose, e cando sae o sol tomar un chocolate con churros ben quente; pero, dependendo dos países, son moitas as formas de celebrar a entrada do novo ano.

    En Italia comezan o ano con ropa interior vermella e comendo lentellas para atraer a boa sorte. Tamén en lugares como Roma ou Nápoles tiran os trastos vellos para simbolizar que comezan unha nova etapa. En Dinamarca demóstranse o aprecio que se teñen lanzándose os pratos vellos á porta de casa, cantos máis pratos rotos atopes máis bos amigos tes. En Australia dan a benvida ao novo ano cun impresionante espectáculo de fogos de artificio na bahía de Sydney.
    China non celebra o aninovo como os países occidentales e o seu novo ano comeza entre o 21 de xaneiro de 20 de febreiro. En Xapón as festas do novo ano duran varios días e celebran unha festa chamada "bonenkai" onde deixan atrás os problemas e preocupacións e mirando ao futuro con optimismo.
    En Brasil, que nesta época do ano é verano, a xente acude ás praias e fan culto a unha deusa brasileira lanzando ao mar centos de velas. Pero, unha das máis mediáticas é o aninovo de Nova York onde millóns de persoas reúnense en Times Square para ver como descende a famosa bola de cristal que marca o novo ano mentras que os visitantes son deleitados por actuacións musicais e fogos de artificio.



Ana Vázquez Ucha

25.12.12

O Apalpador

O Apalpador ou Pandigueiro é un xigante carboeiro que vive na montaña e usa boina, casaca, fuma pipa e come bagas e xabarís que, na noite do 31 de decembro, vai polas casas de todos os nenos galegos despois de que queden durmidos apalpándolles a barriga para comprobar se comeron ben durante o ano. Se lles nota a barriga chea dilles: “Así, así estea todo o ano”. Entón, déixalles a todos, tanto teñan a barriga chea como non, castañas e agasallos.

11.11.12

A MATANZA DO PORCO

Este día de San Martiño márcanos en certo xeito a entrada do inverno. Tradicionalmente coñécese coma o día dos Magostos. Comeza a matanza do porco, un ritual moi habitual na Galicia rural e que agora volve a ter pulo. Supón o mantemento das familias labregas e o abastecemento de carne para todo o ano. De ahí o refrán popular: “A todo porco lle chega o seu San Martiño”

Non fai moitos anos era habitual que cada familia criase varios porcos para o consumo da casa. Alimentávanos con verduras, fariña, maiz, orxo, castañas, peladuras de pataca, sobras de xantar... entre outros ingredientes. Unha vez cebados, xeralmente despois de San Martiño, o 11 de Novembro, procédese ao seu sacrificio, que se fai en tempo de frío ou xeadas e cando a lúa está en cuarto minguante.

10.11.12

O soño de Malala.

Malala Yousafzai (Foi nacida o 12 de xulio de 1997 en Pakistán) é unha estudante , activista e bloguera pakistaní. É coñecida pola súa defensa do dereito á educación das nenas paquistaníes e pola súa denuncia da represión talibán no "valle del Swat".

En 2009 empezou a escribir un diario sobre a vida na zona para a cadena BBC Urdu onde máis ben, relataba o sufrimento que provocaba o Talibán.
O 9 de outubro de 2012, en Mingora, a nena recibiu un disparo no cráneo dos talibáns POR QUERER IR A ESCOLA!

Dúas estudantes foron tamén feridas xunto con Malala mentres dirixíanse á casa cun autobús escolar. Malala foi trasladada en helicóptero nun hospital militar. Nos alrededores do colexio, onde estudan as nenas agredidas, centos de persoas saíron a rúa a protestar.

O 15 de outubro, Malala foi trasladada ó Hospital Reina Isabel de Birmingham, en Reino Unido, para seguir coa súa recuperación.

Que fixera ela para merecelo? ESTUDAR E DEFENDER O DEREITO DAS NENAS PAQUISTANÍES A RECIBIR UNHA EDUCACIÓN.

Malala quería ser médico, e quería estudar leis para dedicarse a política.

Pensade, canto darían os nosos pais por vernos tan ilusionados por ir a escola? MOITÍSIMO, darían moitísimo por vernos ansiosos con ganas de estudar!
Estou vendo que  nos queixamos por vicio, todo o que nos temos e non valoramos pode chegar a ser o soño de calquer neno que no ten case nada. PENSÁDEO!
Alessia Mato

8.11.12

TERRA DE MELIDE, A MIÑA TERRA!


Concello da Terra de Melide.

Todo este tempo falando de Melide é xa iba sendo hora de dedicarlle unha entradiña. Pois alá vou!
É un pobo da provincia da Coruña que pertence ao concello da Terra de Melide cunha poboación de aproximadamente 7.838 habitantes.


Melide está na encrucixada do Camiño de Santigo pasando polo Camilo Francés e polo principio do Camiño de Ovedo. O paso do Camiño deixanos o Hospital de Peregrinos e algúns restos romanicos que podemos apreciar nas nosas igrexas.


7.11.12

SABORES DO BRASIL



Vouvos falar de cinco froitas que para moitos dos meus compnheiros son descoñecidas e que sinto moita falta de saborear estas marabillas.


A primeira froita se chama jambo seu nome científico é Syzygium malaccense, da árbore jambeiro. Esa froita ten casca lisa e cerosa, por dentro é consistente e blanca, no seu interior ten unha semente . O Jambo é unha boa fonte de proteínas e minerais como ferro e fósforo tamén contiene vitaminas como A, B1, B2.



A segunda é a carambola, é o froito da árbore caramboleira, esa froita parece unha estrela de cinco pontas cando se corta e seu sabor é moito agridoce.Rica en sales minerais como calcio, fósforo e ferro e tambén vitaminas A, C e do complexo B. A súa casca posuír tanino por iso é utilizada como antidesintérico.


1.11.12

Aínda non coñeces á Santa Compaña?

Neste tempo de Samaín encóntrome con ganas de contarvos unha lenda sobre a Santa Compaña, unha tradición que permaneceu na cultura tradicional galega polo paso dos séculos e da que aínda quedan rastros, como os cruceiros nos cruces dos camiños. Na mitoloxía popular galega é unha procesión de mortos ou ánimas que pola noite (a partir das doce) percorren camiños e sendas dunha parroquia ou pobo. O fundamental da súa procesión é visitar todas aquelas casas nas que en breve haberá unha defunción. En Galicia coñécese por varios nomes: Estadea, Estantiga, Rolda, As da noite, Pantalla, Avisóns e Pantaruxada.

14.10.12

Mulleres eliminadas no catálogo de Ikea 2013 en Arabia Saudita

Vaia revolta que causou o catálogo 2013 por todo o mundo, tras borrar a imaxen das mulleres das diversas páxinas da revista.

A empresa pediu disculpas, aínda que iso non é suficiente, xa que, o preocupante nesta historia é a descriminación nunha sociedade donde polo feito de ser muller é un lastre.

Pero quen é realmente o culpable de toda esta historia? O que decidiu suprimir as mulleres para garantir que a súa publicidade chegue aos destinatarios ou hai que culpar a Arabia Saudita?
O fácil é acusar a un país, pero cando o país é unha fonte de negocios, as multinacionais acaban rendíndose aos seus pés aceptando calquer chantaxe.

Penso que é triste que ás alturas do siglo XXI, a muller sexa tratada coma un obxecto de usar e tirar cando algúns lles apeteza.




Mujeres Ikea
Diferenzas entre o catálogo Ikea de España e Arabia Saudita

Laura Sabugo