1.1.13

Diferentes formas de comezar o ano.




    Xa estamos rematando as Navidades e despóis de tanta enchenta e xuntanzas familiares toca pensar un pouco. Supoño que todos comezaríais o ano cunha serie de propósitos que, coma sempre, non cumpriremos nin a metade. Nós estamos acostumados a comezar o ano comendo as uvas ao son das doce badaladas, aínda que o difícil é non acabar atragantándose, e cando sae o sol tomar un chocolate con churros ben quente; pero, dependendo dos países, son moitas as formas de celebrar a entrada do novo ano.

    En Italia comezan o ano con ropa interior vermella e comendo lentellas para atraer a boa sorte. Tamén en lugares como Roma ou Nápoles tiran os trastos vellos para simbolizar que comezan unha nova etapa. En Dinamarca demóstranse o aprecio que se teñen lanzándose os pratos vellos á porta de casa, cantos máis pratos rotos atopes máis bos amigos tes. En Australia dan a benvida ao novo ano cun impresionante espectáculo de fogos de artificio na bahía de Sydney.
    China non celebra o aninovo como os países occidentales e o seu novo ano comeza entre o 21 de xaneiro de 20 de febreiro. En Xapón as festas do novo ano duran varios días e celebran unha festa chamada "bonenkai" onde deixan atrás os problemas e preocupacións e mirando ao futuro con optimismo.
    En Brasil, que nesta época do ano é verano, a xente acude ás praias e fan culto a unha deusa brasileira lanzando ao mar centos de velas. Pero, unha das máis mediáticas é o aninovo de Nova York onde millóns de persoas reúnense en Times Square para ver como descende a famosa bola de cristal que marca o novo ano mentras que os visitantes son deleitados por actuacións musicais e fogos de artificio.



Ana Vázquez Ucha