De achegarnos aos currículos das diferentes disciplinas no Decreto ESO podemos extraer referencias explícitas á realidade na que se desenolve o noso alumnado.
Eis algúns exemplos onde podemos atopar ideas para deseñar as nosas actividades.
Eis algúns exemplos onde podemos atopar ideas para deseñar as nosas actividades.
Ciencias da Natureza
. Galicia ten unha situación xeográfica e un medio natural e cultural propios, o que fai necesaria unha contextualización específica á hora do tratamento na aula dos contidos de ciencias naturais.
. Galicia ten unha situación xeográfica e un medio natural e cultural propios, o que fai necesaria unha contextualización específica á hora do tratamento na aula dos contidos de ciencias naturais.

. Temáticas de actualidade como os incendios, o tráfico marítimo, a explotación dos recursos naturais, a biodiversidade, os espazos protexidos deben formar parte intrínseca da práctica da aula.
. Preténdese comprobar se o alumnado é consciente da situación planetaria caracterizada por toda unha serie de problemas intervinculados: contaminación sen fronteiras, esgotamento de recursos, perda de biodiversidade e diversidade cultural.
Ciencias sociais, xeografía e historia
. As dúas materias permiten desenvolver unha metodoloxía que compare o inmediato e o afastado, o propio e o alleo, o máis concreto e o máis abstracto, xustificando así a importancia que no currículo debe concederse aos aspectos da xeografía, a historia e a cultura de Galicia.

. Promover o sentimento de pertenza á comunidade galega e ás outras entidades políticas, sociais e culturais en que se integra, participando nelas con plena conciencia dos seus dereitos e deberes, desde posicións solidarias e respectuosas con outras comunidades, estados e culturas.
. Comprender a singularidade do patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico galego, participando activamente na súa conservación e mellora.
. Procurar a comprensión da realidade social galega actual como unha realidade dinámica e cambiante que se constrúe continuamente en contacto con outras sociedades e culturas.
. Análise de feitos ou situacións relevantes da actualidade, particularmente de Galicia, con indagación dos seus antecedentes históricos e das circunstancias que os condicionan.
. Valoración da diversidade social e cultural como enriquecedora da convivencia nunha sociedade plural.
. Identificación dos elementos culturais propios que poidan estar en perigo nun mundo globalizado e posibles solucións.
Plástica e visual
. Recoñecer, comprender e valorar as manifestacións da cultura galega, apreciando o patrimonio cultural e contribuíndo á súa conservación e mellora.

. Análise de obras do patrimonio cultural propio detectando as similitudes e as diferenzas respecto doutras sociedades e culturas.
. Valoración, respecto e gozo do patrimonio histórico- artístico, da obra allea e dos espazos de divulgación artística.
Música
. Utilizar de forma autónoma diversas fontes de información -medios audiovisuais, internet, textos, partituras e outros recursos gráficos- para o coñecemento e gozo da música.
. Utilización de distintas fontes de información para obter referencias sobre músicas de diferentes épocas e culturas, incluídas as actuais, e sobre a oferta de concertos e outras manifestacións musicais tanto en vivo como divulgadas a través dos medios de comunicación.
Matemáticas
. Comprender que a pluralidade da sociedade española e europea pode cuantificarse desde diferentes criterios (xeográficos, económicos, culturais, raciais, etc.) utilizando porcentaxes, análises de táboas, gráficas, estatísticas.....

Tecnoloxía
. A contribución á competencia en comunicación lingüística realízase a través da adquisición de vocabulario específico, que ten que utilizarse nos procesos de busca, análise, selección, resumo e comunicación de información.
. A lectura, interpretación e redacción de informes e documentos técnicos contribúe ao coñecemento e á capacidade de utilización de diferentes tipos de textos e das súas estruturas formais.

. Contribuír a crear un espazo tecnolóxico lingüístico propio cuxa existencia, senón imprescindible é, cando menos, necesaria para o desenvolvemento tecnolóxico da comunidade autónoma.
Educación física
. Apreciar, comprender e valorar as manifestacións culturais da motricidade humana, tales como os deportes, os xogos tradicionais, as actividades expresivas ou a danza, e consideralos como parte do patrimonio cultural dos pobos, algo que é necesario coñecer e preservar.

. Realización de danzas do mundo de carácter colectivo. Contextualización básica.
. Buscar información en diferentes medios e fontes sobre as saídas que se van realizar ao medio.