na procura de COMPETENCIAS

entrando ao trapo




Contribución do noso caderno de aula ao logro das competencias básicas


Competencia dixital

Wordle: COMPETENCIA DIXITAL. Dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento.
. Utilizar estratexias adecuadas para acceder a infomación de distintas fontes.
. Dominar linguaxes específicas varias (textual, numérica, icónica, visual, gráfica, sonora…).. Comunicar a información e os coñecementos adquiridos empregando recursos expresivos que incorporen as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e da comunicación….
. Analizar a información de forma crítica mediante o traballo persoal autónomo e o traballo colaborativo.

+ Para que utilizar as TICS na aula

Competencia en comunicación lingüística

. Utilizar a lingua galega como instrumento de comunicación oral e escrita.
. Escoitar, expoñer e dialogar para ser progresivamente competente na expresión e comprensión das mensaxes orais que se intercambian en situacións comunicativas diversas e adaptar a comunicación ao contexto.
. Reforzar as habilidades de lectura e escritura que permiten ser competente á hora de comprender, compoñer e utilizar distintos tipos de textos con intencións comunicativas ou creativas diversas.
. Ser capaz de ler, de escoitar, de analizar e de ter en conta opinións distintas á propia con sensibilidade e espíritu crítico.
. Fomentar a expresión adecuada –en fondo e forma- das propias ideas e emocións, aceptando realizando críticas con carácter construtivo.

Competencia social e cidadá
. Adestrar habilidades que permitan participar, tomar decisións, responsabilizarse das eleccións e decisións adoptadas.
. Comprender os trazos das sociedades actuais e a súa crecente pluralidade.
. Amostrar un sentimento de cidadanía global compatible coa identidade local.
. Construír, aceptar e practicar normas de convivencia acordes cos valores democráticos.
. Comprender a realidade social na que se vive.

Competencia cultural e artística
. Coñecer, comprender e apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais, artísticas e deportivas, utilizalas como fonte de enriquecemento e desfrute e consideralas parte do patrimonio dos pobos.
. Dispoñer de habilidades e actitudes que permiten acceder ás distintas manifestacións do feito cultural.
. Identificar as relacións existentes entre esas manifestacións e a sociedade nas que se crean.
. Apreciar a creatividade en diferentes medios artísticos: música, literatura, artes visuais e escénicas, ou das chamadas artes populares.
. Valorar a liberdade de expresión, o dereito á diversidade cultural, a importancia do diálogo intercultural e a realización de experiencias artísticas compartidas.
. Fomentar o desexo e a vontade de cultivar a propia capacidade estética e creadora e un interese por participar de maneira activa na vida cultural.
ESPIRAL CROMÁTICA

Competencia para aprender a aprender
. Dispoñer de habilidades para inciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuar aprendendo de xeito cada vez máis eficaz e autónomo.
. Adquirir conciencia das propias habilidades e das carencias, co fin de redundar na motivación, na autoconfianza e no gusto por aprender.
. Coñecer un conxunto de recursos e técnicas para obter un rendemento máximo das capacidades que entran no xogo da aprendizaxe.


Autonomía e iniciativa persoal

. Transformar ideas en accións: proporse obxectivos e planificar e levar a cabo proxectos tanto individuais como colectivos reponsabilizándose deles.
. Coñecer as fases de desenvolvemento dun proxecto, planificar, tomar decisións, actuar avaliar o feito e autoavaliarse, extraer conclusións e valorar as posibilidades de mellora.
. Dispoñer de habilidades sociais para relacionarse, para cooperar e para traballar en equipo e ser capaz de imaxinar, emprender, desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais e colectivos con creatividade, confianza, 
reponsabilidade e sentido crítico.



                                                     


 Competencias básicas: probas e tarefas