Andamos



  CUN POUCO DE OPTIMISMO E ILUSIÓN







CONFERENCIA DO GRAN GURÚ JORDI ADELL







Partindo da afirmación de que a escola   se insere dentro dunha estrutura do século XIX, o profesorado no xa extinto século XX e o alumnado nun século XXI, cada vez máis alonxado das estruturas tradicionais de aprendizaxe, o relator centra a súa disertación nas características do alumnado que recibimos nos centros.


Non é indispensable que o docente sexa totalmente competente no manexo das TIC e ser especialista en informática. O que se espera do profesorado é que sexa especialista en procesos de ensino-aprendizaxe e que non teña medo a cambiar a estrutura tradicional do labor docente, que cada vez nos alonxa máis do alumnado e dos seus intereses.


MENTRES TANTO