Concello da Terra de Melide. |
Todo este tempo falando de Melide é xa iba sendo hora de dedicarlle unha entradiña. Pois alá vou!
É un pobo da provincia da Coruña que pertence ao concello da Terra de Melide cunha poboación de aproximadamente 7.838 habitantes.
Melide está na encrucixada do Camiño de Santigo pasando polo Camilo Francés e polo principio do Camiño de Ovedo. O paso do Camiño deixanos o Hospital de Peregrinos e algúns restos romanicos que podemos apreciar nas nosas igrexas.
IGREXAS:
- A desaparecida igrexa de San Pedro da que só conservamos a súa portada: "Capela de San Roque".
- A igrexa de Santa María de finais do século XII.
- A Igrexa de San Pedro de Melide, igrexa parroquial. Foi antigo mosteiro de franciscanos terciarios.
HOSPITAL DE PEREGRINOS:
Contamos co noso propio museo: A Terra de Melide que nace en 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudo, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide. Situabase no baixo do Concello e como o espazo non era suficiente en 1982 foi trasladado ao antigo Hospital de Peregrinos (1502) e inaugurado o 26 de maio de 2001.
O patrimonio de Melide é considerado as pedras que viron pasar xeración e xeracións: pontes medievais, casa grandes... Así é como o denominouCastelao nó seu As pedras da Galiza. E sobre todo tamén se considera patrimonio as gaitas xa que Melide é terra de gaitas.
Terra de gaitas... e porque non terra de dulces? Pois sí, a parte de gaitas temos os deliciosos melindres, os ricos e os almendrados. O segundo domingo do mes de maio celebrase a Festa do Melindre na cal tamén se intenta recordar os oficios artesáns tradicionais.Ah! Pobre de min de que me olvide de mencionar o noso riquísimo polbo. Comer o polbo en Melide é unha exigencia. Non esta escrito como norma pero e transmitida de peregrinos en peregrinos dende hai moitos anos.
Sí oh sí, todo iso estibo ben, pero ainda queda o mellor por mencionar, a nosa "praia", o Río Furelos. O meu sitio preferido para pasar unha tarde de verán na compaña dos teus colegas dando uns cantos chapuzóns para refrescarte neses días tan calurosos. No verán un calor impresionante, pero no inverno... Parecemos cevolas! Que recordos !
Invitovos a todos a escribir de onde vides.
Melide, ainda que esteas lexos, sempre te levo e te levarei no meu corazón, para sempre, palabra de honor!
Saudiños melidens@s! Querovos!