31.3.13

TRADICIÓNS DIVERTIDAS

Mucha gente decora incluso matas y arbolitos con huevos colorados (nueva ventana)Hoxe estiven pensando e dínme de conta que en Suiza, no meu país, síntese moitísimo máis a Pascua.

Tradicionalmente, antes da Pascua os nenos pintan os ovos cocidos cunhas pinturas naturais feitas, por exemplo, coa cenoria, na que sae cor naranxa, coas espinacas, na cal sae o cor verde, coas cáscaras da cebola, na que sae o cor marrón, etc. Esas cores pódense comprar nas tendas xa feitas. Despois decoran unha árbore cos ovos pintados.


Os nenos suizos tamén celebran a típica búsqueda dos ovos de Pascua, que os pais esconderon nalgún lugar do seu xardín.
Tamén xogan a un xogo chamado: Eiertuetschen. Consiste en que dúas persoas o máis, que teñan un ovo cocido e decorado na man, baten coa parte dianteira dos ovos. Gaña aquel que non lle rompe.

A parte dos ovos, tamén é tradición regalar coellos de chocolate, especialmente ós nenos.



Na gastronomía, soen facer pasteis, pero o máis típico é o Osterkranz, unha rosca de pascua.

Se premedes aquí, veredes máis pasteis nas fotos. ( Sínto que non sexa en castelán ou galego, pero non os atopo )

Alessia Mato Sacomanno