AI QUE FAMIÑA.... COLOMBIANA!
Xa que a miña compañeira falouvos sobre as boas reunións e comidas familiares colombianas, eu complementarei esa bela comida cunhas boas fases.
Cando a familia e amigos teñen preparados todos os suplementos dun bo sancocho e as bebidas (refrescos,cerveixas e o moi coñecido augardente), emprenden o camiño de cara ao río mediante a chíva.
Unha vez chegados e acomodados comezan a preaparación da comida. Mentres un xunta tres pedras de dimensións parecidas e tenta facer lume, os outros aliñan as carnes(polo ou ternera), pelan,cortan e trituran os demais condimentos.
Finalizada xa a preparación e estando os comensais preparados para o ataque, poñen un un bo acompañante musical, usualmente soe ser ballenato.
Rematada a comida nunca faltan as apreciadas hamacas acompañadas cos sombreiros llaneros para obter unha magnífica cabezada.
Xa todos en pé e activos, comeza algo esencial: musiquiña, cerveixiñas, augardentiño e os queridos/as ao teu lado para ter un día formidábel.
Cando está a caer a escuridade recollen todo e suben á chíva para emprender a volta a casa.
César Vargas