O día da matanza constitúe unha festa á que se convida aos familiares e veciños máis próximos coa intención de que axuden nas tarefas. Posto que requiren unha achega de forza física importante, xa que os homes e as mulleres desenvolven diferentes cometidos na mesma. A matanza comeza ó amencer, case de noite e vai precedida dun copioso almorzo chamado "A Parva", composto de xamón, chourizo, queixo e demáis produtos da zona, con abundante viño, café, chocolate e por suposto a copiña de augardente.
O resultado dunha matanza ao estilo tradicional continúa sendo un acontecemento gastronómico e culinario que converte uns pratos humildes nun produto que se degusta con deleite. Cada vez é algo menos frecuente, de feito nos pobos laméntanse de que cada ano hai menos xente para facer a matanza. A crianza dun porco para o consumo familiar, converteuse case nun privilexio ó alcance duns poucos.
Tamén hai outros ditos referidos ó San Martiño:
- "Por san Martiño faise o magosto cos castañas asadas e viño ou mosto”
- “Polo San Tomé dálle o porco polo pé”
- “O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño”
- “Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello”
- “Alegría, alegrote que anda o rabo do porco no pote”
- “Polo San Lucas mata o teu porco e baña a túa cuba”
- “Polo Santo André mata o teu porco como o tes”
Fernando Costa