14.10.12

Mulleres eliminadas no catálogo de Ikea 2013 en Arabia Saudita

Vaia revolta que causou o catálogo 2013 por todo o mundo, tras borrar a imaxen das mulleres das diversas páxinas da revista.

A empresa pediu disculpas, aínda que iso non é suficiente, xa que, o preocupante nesta historia é a descriminación nunha sociedade donde polo feito de ser muller é un lastre.

Pero quen é realmente o culpable de toda esta historia? O que decidiu suprimir as mulleres para garantir que a súa publicidade chegue aos destinatarios ou hai que culpar a Arabia Saudita?
O fácil é acusar a un país, pero cando o país é unha fonte de negocios, as multinacionais acaban rendíndose aos seus pés aceptando calquer chantaxe.

Penso que é triste que ás alturas do siglo XXI, a muller sexa tratada coma un obxecto de usar e tirar cando algúns lles apeteza.




Mujeres Ikea
Diferenzas entre o catálogo Ikea de España e Arabia Saudita

Laura Sabugo