1.6.13

DURAS REALIDADES


"Aquel no era yo" é unha curtametraxe realizada polo guionista Esteban Crespo, estreado en febreiro en Madrid e Bilbao cunha gran acollida por parte do público. 
En "Aquel no era yo", Kaney é un neno soldado dun país africano, con él viven moitos outros nenos soldados seguindo ás ordes do xeneral do exército rebelde. Máis tarde, aparece unha muller española chamada Paula, unha cooperante chegada a África ao carón da súa parexa, Juanjo, cuxo obxectivo é axudar e liberar aos nenos soldado que viven alí. Paula e Kaney reuniránse para comezar unha historia chea de terror, violencia, abuso e liberación.
Realizouse nunha granxa localizada en Escalona (Castela a mancha) que actualmente é usada para airsoft, para crear o campamento foi necesario o material militar procedente da "Academia de Infantería de Toledo" e con extras do municipio e de localidades próximas.
A curta amosa a dureza dunha realidade, a dos nenos e nenas soldados, xeito polo que nós, nos mantemos impasibles ante esa crueldade á que están sometidos. Como di un neno ex-soldado do conflito de Serra Leona: 
 “Ser un soldado non é difícil: ou te acostumbras ou te matan. O máis duro é conseguir vivir cos recordos e volver a ser ti mesmo despois de ter feito as cousas que fixeches”. 
A miña opinión é que se deberían de facer máis curtas deste tipo, para poder facer visible  a realidade e a atrocidade que acontece afastada das nosas vidas: 
 non deixan de ser nenos coma nós sometidos a graves conflitos que non son capaces de solucionar falando. 
Por iso, somos uns previlixiados de vivir onde vivimos.
Para ver como comezaron a gravar a curta fai click aquí. Para ver a curta completa fai click aquí.

Laura Sabugo