24.5.13

A CLASE : Non perdades o tempo, ledeo e descubride todo o que sucede nesta clase!


Esta novela foi escrita por François Bégaudeau, un escritor francés. Inspirada na situación escolar que se encontra nos barrios suburviais parisinos, relata o transcurso dun novo ano escolar para os alumnos os que o profesor de francés terá que facer fronte.

Na clase, conviven estudiantes de varias nacionalidades, con características propias que os diferencian. Isto vai crear unha seria de conflitos por varios motivos, en gran parte racistas, ocasionando situacións volientas entre eles e no ámbito non escolar.


O profesor, involúcrase tamén nas súas vidas, co fin de axudalos e aconsellalos no seu camiño pola vida, a parte das leccións academicas que reciben.
Este libro resulta moi entretido, as historias que se relatan do día a día nesta clase son moi reais. As dudas, o atrevimento, as gañas de aprender o que descoñecen..Todo resulta moi familiar ás nosas clases. Non só polo que sucede, tamén pola forma de ser e de comportamentos dos rapaces.

Recomendo este libro e aínda que non estea dandovos moita información asegúrovos que é un libro que merece a pena leer. O principio non colles moitas gañas de seguir lendo pero pouco a pouco o libro cautivate. É unha novela moi entretida, con moitas partes humorísticas.

 Non perdades o tempo, ledeo e descubride todo o que sucede nesta clase!
Elena Veiga