Amosando publicacións coa etiqueta 3_ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3_ESO. Amosar todas as publicacións

5.12.13

ATRACTIVA LECTURA



O libro recolle 5 lendas africanas. Nelas nárranse historias estrañas para a nosa cultura e iso fai que sexa interesante. É moi doado de ler e curtiño, 45 páxinas. Non é o mellor do mundo pero recoméndoo porque é moi rapido e moi agradable.

- Lenda un: Unha nena ten un irmán e pouco despois de nacer o seu irmán, quedan orfos. Ela queda soa coidando do seu irmán pero el é moi retorcido. Queima cousas e fai trasnadas, pero ao final salva ao seu pobo porque mata ao monstro que todos temían.
 - Lenda dous: Un pai moi importante morre e os seus fillos aportan elementos coma sangue, músculos, e demais cousas para resucitalo. Cando o resucitan, o pai entrega o seu Vastón ao que máis contribuíra a resucitalo, e resulta ser o menos esperado.
- Lenda tres: É curta. Trata dun rei que ten tres servos. O rei trata distinto a un deles e el véngase coa súa intelixencia.
 - Lenda catro: É unha lenda moi estraña. A xente dun pobo non morría e teñen que invocar a unha deusa para que a xente inútil morra.
 Lenda cinco: fala dunha historia de amizade entre a lúa e o sol, e explica a razón pola que xa non son amigos e viven afastados.
Andrés P

24.5.13

A CLASE : Non perdades o tempo, ledeo e descubride todo o que sucede nesta clase!


Esta novela foi escrita por François Bégaudeau, un escritor francés. Inspirada na situación escolar que se encontra nos barrios suburviais parisinos, relata o transcurso dun novo ano escolar para os alumnos os que o profesor de francés terá que facer fronte.

Na clase, conviven estudiantes de varias nacionalidades, con características propias que os diferencian. Isto vai crear unha seria de conflitos por varios motivos, en gran parte racistas, ocasionando situacións volientas entre eles e no ámbito non escolar.

6.5.13

COÑECES A CULTURA SAHARAUI?

O Tesouro de Saida é a segunda parte do libro As vacacións de Saida de Eva Peydro.
Este libro supón unha boa oportunidade para que a xente coñeza a situación dos refuxiados saharauis, a súa vida nos campamentos e os seus costumes.

22.2.13

CARNAVAL NA REPÚBLICA DOMINICANA

 -Orixe: O mais importante é o carnaval de carnestolenda, que provén de España e se celebra antes da cuaresma. Está tamén o cimarrón, que se celebra os últimos días de semana santa e ten a súa orixe en tradicións africanas.

-Zonas destacadas:Mentres o carnaval de carnestolenda celebrase en todo o país os cimarróns celébranse en zóas concretas.


-Elementos utilizados: A careta, o traxe do diablo cojuelo (adornado con cascabeles, e moi colorido), as comparsas, ademais de actividades artísticas, folklóricas e culturais.

-Personaxes: Ao ser un país con moitas influencias estranxeiras o seu carnaval presenta características foráneas: un dos seus personaxes é Robagaliña, unha influencia haitiana. O personaxe mais común é "Diablo cojuelo", e os "Lechóns", homes disfrazados con traxe multicolor.

-Participación popular: No carnaval Vegano (un dos máis coñecidos), os diablos cojuelos saen á calle cada domingo de febreiro armados con vexigas de touro golpeando a todo o que se atreva a baixar á calle. Este ano esperan recibir a visita de 1.300.000 persoas. No carnaval participa todo o pobo.

-Días en que se celebra a festa: Celébrase todo o mes de febreiro, ainda que con máis intensidade no seu último fin de semana.



      MIRIAM RODRÍGUEZ E ROSA KIRSIS           3ºB

7.2.13

ADOLESCENCIA EN CUBA


"As raíces do Tamaringo" é unha novela de Sindo Pacheco, na que reside xente normal e corrinte, mesmo persoas que podemos ter nós ao noso redor a cotián.
Tony é un neno que vive en Cuba, estudante de secundaria, e que os problemas que está a vivir son os máis normais na adolescencia, e polos que moita xente ou incluso nós mesmos podemos pasar algunha vez.

28.5.12

A PAISAXE DE CUBA

O Video está creado para todos os que queiran saber e coñecer un pouco da paisaxe mais caracteristica de Cuba. Fixémolo Marcos e Luis Miguel de 3º da ESO recentemente chegados a España. Agora vouvos deixar un enlace dun video para que vexades máis paisaxe cunha cancion de fondo moi tipica de Cuba. Espero que vos gusten. No video que fixemos explicamos como é o noso escudo, o Xardín Botánico no que hai todo tipo de plantas e moitas delas que están nun grave risco de ser desaparecidas, a Praza da Revolución que representa aos heroes de Cuba, entre eles o Che Guevara. 



 Marcos Batista

10.4.12

XENTE COMA MIN

É un libro baseado en feitos reais que me sensibilizou moito. Xoán é un neno de quince anos que vive nunha vila cerca de Santiago. Repetiu dous cursos e non se interesa moito polos seus estudos, pasa todo o día na rúa e chega á casa cerca das catro da mañá.