6.5.13

COÑECES A CULTURA SAHARAUI?

O Tesouro de Saida é a segunda parte do libro As vacacións de Saida de Eva Peydro.
Este libro supón unha boa oportunidade para que a xente coñeza a situación dos refuxiados saharauis, a súa vida nos campamentos e os seus costumes.



Durante o verán, Ferrán e os seus pais acolleran a unha rapaza sahariana chamada Saida. Pasan as vacanciós xuntos e como consecuencia fanse moi amigos. 
Saida descobre como funciona o mundo de Ferrán, que lle resulta tan diferente, e grazas ás explicacións de Saida, Ferrán é capaz de imaxinar un pouco da vida no Sáhara. 
Cando rematan as vacacións, Saida volve a África e Ferrán bótaa moito de menos. Pero o rapaz non sabe que os seus pais teñen unha sorpresa para el: durante as vacacións de Pascua viaxarán todos ó Sáhara a visitar a Saida e coñecer a súa familia. 
Grazas a esta viaxe Ferrán volverá a encontrarse ca súa amiga e chegará o seu turno de aprender dela. Coñecerá un pouco máis da súa cultura e descubrirá un tesouro de valor incalculable (ó que fai referencia o título): a verdadeira amizade, que supera os prexuízos, o racismo e calqueira obstáculo.
Pablo Saa