22.2.13

CARNAVAL NA REPÚBLICA DOMINICANA

 -Orixe: O mais importante é o carnaval de carnestolenda, que provén de España e se celebra antes da cuaresma. Está tamén o cimarrón, que se celebra os últimos días de semana santa e ten a súa orixe en tradicións africanas.

-Zonas destacadas:Mentres o carnaval de carnestolenda celebrase en todo o país os cimarróns celébranse en zóas concretas.


-Elementos utilizados: A careta, o traxe do diablo cojuelo (adornado con cascabeles, e moi colorido), as comparsas, ademais de actividades artísticas, folklóricas e culturais.

-Personaxes: Ao ser un país con moitas influencias estranxeiras o seu carnaval presenta características foráneas: un dos seus personaxes é Robagaliña, unha influencia haitiana. O personaxe mais común é "Diablo cojuelo", e os "Lechóns", homes disfrazados con traxe multicolor.

-Participación popular: No carnaval Vegano (un dos máis coñecidos), os diablos cojuelos saen á calle cada domingo de febreiro armados con vexigas de touro golpeando a todo o que se atreva a baixar á calle. Este ano esperan recibir a visita de 1.300.000 persoas. No carnaval participa todo o pobo.

-Días en que se celebra a festa: Celébrase todo o mes de febreiro, ainda que con máis intensidade no seu último fin de semana.



      MIRIAM RODRÍGUEZ E ROSA KIRSIS           3ºB