5.2.13

"De San Amaro a San Valentín, mes do cocido en Lalín"

Con esta ovación comezaban este pasado 3 de febreiro a XLV feira do Cocido de Lalín, e aínda que non fose San Martiño, déuselle un día de especial veneración ó porco galego.



Esta festa que é de costume celebrala o fin de semana anterior ó de Entroido, primeiramente, creouse nas casas particulares das xentes de Lalín, máis tarde fíxose oficial en toda a cidade coa tradicional matanza do porco no Corpiño, lanzándose así esta celebración para dar a coñecer a gastronomía galega.


Ó ver o éxito que ían gañando ano tras ano, comezaron a adornar esta festividade con actuacións musicais, desfiles de carrozas, charangas… Ata chegar incluso a facer una gala especial do Cocido transmitida pola TVG anualmente. Este ano foi Susana Griso quen deu o pregón.



Deste xeito, en 2010, esta festa chega a converterse en Festa de Interese Turístico Nacional.


E aínda que isto xa pasara, non te amoles! Que aínda queda moito Entroido por diante, e non só tes o famoso Cocido de Lalín para probar, senón que aínda che quedan unha chea de pratos tradicionais galegos destas datas, coma as orellas, as filloas… Eu penso que tamén lle teríamos que dar a coñecer estes outros produtos e presumir así da riqueza gastronómica que temos, así que axuda a que isto poida ser así e, non sei… Disfrázate de filloa!

Orejas de Carnaval. Orellas de Entroido, receta paso a paso.

Noemi Iglesias