Amosando publicacións coa etiqueta INTERCULTURAL / ÁFRICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INTERCULTURAL / ÁFRICA. Amosar todas as publicacións

5.12.13

ATRACTIVA LECTURA



O libro recolle 5 lendas africanas. Nelas nárranse historias estrañas para a nosa cultura e iso fai que sexa interesante. É moi doado de ler e curtiño, 45 páxinas. Non é o mellor do mundo pero recoméndoo porque é moi rapido e moi agradable.

- Lenda un: Unha nena ten un irmán e pouco despois de nacer o seu irmán, quedan orfos. Ela queda soa coidando do seu irmán pero el é moi retorcido. Queima cousas e fai trasnadas, pero ao final salva ao seu pobo porque mata ao monstro que todos temían.
 - Lenda dous: Un pai moi importante morre e os seus fillos aportan elementos coma sangue, músculos, e demais cousas para resucitalo. Cando o resucitan, o pai entrega o seu Vastón ao que máis contribuíra a resucitalo, e resulta ser o menos esperado.
- Lenda tres: É curta. Trata dun rei que ten tres servos. O rei trata distinto a un deles e el véngase coa súa intelixencia.
 - Lenda catro: É unha lenda moi estraña. A xente dun pobo non morría e teñen que invocar a unha deusa para que a xente inútil morra.
 Lenda cinco: fala dunha historia de amizade entre a lúa e o sol, e explica a razón pola que xa non son amigos e viven afastados.
Andrés P

30.6.13

Ética para Amador .

Na clase de Ética estamos lindo un libro titulado "Ética para Amador" de Fernando Savater  .
Chámame moito a atención porque nos fai reflexionar sobre as cousas que non son necesarias e que as veces apreciamos mais as cousas materiais . Tamén fálanos do que nos conven e do que non e que non siempre o que pensamos nos vai beneficiari.

6.5.13

COÑECES A CULTURA SAHARAUI?

O Tesouro de Saida é a segunda parte do libro As vacacións de Saida de Eva Peydro.
Este libro supón unha boa oportunidade para que a xente coñeza a situación dos refuxiados saharauis, a súa vida nos campamentos e os seus costumes.

9.4.13

AI QUE FAMIÑA... CAMERUNESA!

Sei que a moitos vos interesaria saber cales son as comidas típicas do meu país (Camerún).

Entón decidín facer unha entrada sobre iso, por outra parte non se me ocurría nada mais que facer.

Uhna das comidas máis tradicionales de Camerún é o Fufu e o ndolé Ambos son unha especie de caldo espeso que se come con algún tipo de carne.O ndolé é mais como un estofado que se combina con algunhas herbas, peixe ou carne.



10.4.12

BASEADO EN FEITOS REAIS

A inmigración; sabemos realmente o significado deste termo? Ou o primeiro que nos ven á cabeza é un barco cheo de negros que veñen enriquecerse á nosa conta? Na maioría dos casos, non nos decatamos de que os enriquecidos somos nós; nós, os que temos a posibilidade de atopar un posto de traballo digno sen que nos exploten coma bestas; nós, os que podemos acceder á educación sen moitas dificultades; nós, que non temos que partilo lombo por unha vida decente, pola comida do día a día; que non temos que deixar ás nosas familias e marchar na procura dun futuro incerto noutro continente, noutro mundo, no descoñecido.

QUE SABES SOBRE O MEU PAIS?

_Camerún e un país que se atopa na costa occidental de Africa.
    No Oeste atópase o Macizo Volcánico dos montes de Camerún,  no interior hai altiplanos e no Norte encóntrase o Lago Tchad. As súas costas son chas , con pantanos e lameiros.   O clima é húmido na costa , moi chuvioso no interior e seco no Norte . Entre os seus ríos principais están o Senega e o Lagone.

_A maior parte da poboación vive da agricultura :
     -cultivo de banana
     -cacao
     -café
_Tamén e importante a explotación madeireira , a pesca e a extracción de alumiño e petróleo .
_No século XV chegaron os colonizadores portugueses e iniciaron o comercio de marfil e estravos .
_A finais do século XIX foron os alemans os que establecerón o control e desde 1919 pasou as mans francesas e británicas no 1960 conseguíu a independencia .



DATOS:
habitantes : 15.456.992
superficie : 475.442 km2
densidade : 32 hab./km2
capital : Yaundé
sistema de goberno : Doula,Nkongsamba,Fambon
idioma : francés e inglés
3 comentarios

1.4.12

CARLOS SANTANA O Crack Da Guitarra





Santana é unha banda estadounidense liderada por Carlos Santana cuxo estilo é unha fusión entre o rock e os ritmos afrocubanos e latinos. Foi creada en 1966, e A banda Santana, chamada orixinalmente Santana Blues Band, naceu en 1966 en San Francisco, California. Os membros iniciais foron Tom Frazier (guitarra), Mike Carabello (percusión), Rod Harper (batería), Gus Rodriguez (baixo) e Gregg Rolie (teclados, voz).


En 1968, cando todos os seus integrantes tiñan unha idade en torno aos 18 anos, fixeron a súa aparición en Woodstock, o que os lanzou á fama. Isto permitiulles lanzar o seu primeiro álbum, chamado Santanaen 1969. En 1970 editaron Abraxas, co que obtiveron máis de un millón de copias vendidas.

A formación que aparecía no seu primeiro traballo foi o sexteto clásico formado por Carlos Santana, Gregg Rollie, Mike Carabello, David Brown, José 'Chepito' Areas, Michael Shrieve. Esta formación mantense máis ou menos estable durante os seus catro primeiros álbums de estudio, ata o ano 1972.


Neste ano, Carlos Santana comeza a publicar álbums de corte máis experimental baixo o nome 'Carlos Santana', á marxe da banda. Nos próximos anos e décadas, os membros da banda cambiarán de forma continua.fíxose coñecida no festival de Woodstock de 1969.

19th February 2010

1ºB mauricio

O CARIBE


A música caribeña e a salsa funden as súas raíces nos ritmos traídos polos escravos africanosO bolero, a rumba, o mambo,,, son algúns dos seus xéneros. Moitos deles, como o son, naceron en Cuba, onde se atopa un dos lugares emblemáticos  desta música:Tropicana, unha sala de festas inaugurada en 1939 e que aínda é visitada por miles de turistas.

31.3.12

BARSA CAMPEON!


O Barça é o mellor equipo do mundo.

MOHAMED E MARROCOS


Ola, chámome Moha e son un estudante marroquinoque, agora, vive na Coruña. Vou ao Instituto de Elviña na clase de 1º B e, en 1º C, está o meu primo, Aeob, que tamén é marroquino.

29.3.12


A Coruña
A Coruña é o concello situado no noroeste da comunidade autónoma de Galicia.Está asentada nunha península granítica de tres quilometros e conta con preto de 250 000 habitantes.

O termo municipal da Coruña encádrase baixo o dominioclimático oceánico húmido.A temperatura media anual é suave arredor duns 13 ºC,e é a cidade galega do litoral con menos pluviosidade respecto do seu contorno.

No que atinxe ao desenvolvemento económico da Coruña,é decisivo o seu porto comercial: a cidade herculina é unha das principais lonxas europeas de peixe fresco.ademais, esta cidade conta cun gran número de establecementos industriais de pequeno e medio tamaño. A Coruña é,despois de vigo, o foco industrial máis importante de Galicia. Nos últimos anos tivo un importante desenvolvemento o sector terciario e, ademais, produciuse unha importante renovación urbana.

Finalmente, hai que destacar a importancia nos últimos anos do século XIXdo rexionalismo galego, ao constituírse o grupo denominado a Cova Céltica que se xuntabana librarí Rexional. Desde grupo rexionalista sairía o sector máis importante dos fundadores da Real Academia Galega.

Posted 14th April 2010

Ayuob

9.11.11

Non quero ser crítica, mais Sudáfrica que?


Quero falar un pouco sobre Sudáfrica, primeiro porque aí erguimos a copa do Mundo e segundo porque, ainda que non o coñezo, é un lugar precioso.Non quero falar da súa política e tampouco da súa localización, se non do que vexo e escoito.Sudáfrica conquistou meu corazón coa súa xente, as súas cores, a súa alegría, a súa forza e xa sabedes que co seu Mundial. 
Falando do Mundial, todos sabemos que levou moito diñeiro a ese país tanto como para organizar a metade del. 
Entendo que haxa moitas cousas que facer con ese diñeiro, mais creo que unha das máis importantes son os barrios pobres. Durante os partidos celebrados, na tele sempre falaban da parte máis bonita, dos lugares máis impresionantes. E que hai co demais?. Supoño que non lle dan tanta importancia, como a debe ter.
 É normal que estexan orgullosos de Nelson Mandela, que lles defendeu e case deu a súa vida pola súa xente. Non merecen vivir nesas condicións. Espero que as cousas sexan diferentes dentro de pouco e que o sexan para mellor. Tanta tecnoloxía no mundo, e dedícanse a calquera cousa antes que axudar á xente que sí o necesita. Por que non reducimos todo o diñeiro que gastamos cos presidentes, construcións de grandes edificios que en realidade só afectan á natureza. Gastos realmente inecesarios. Moito falan de que hai que pensar en todo o importante para a humanidade e eu non vexo accións como debería ser.
Espero que pronto encontremos unha forma de que todo teña outro aspecto.
Yanka Almeida