5.12.13

ATRACTIVA LECTURA



O libro recolle 5 lendas africanas. Nelas nárranse historias estrañas para a nosa cultura e iso fai que sexa interesante. É moi doado de ler e curtiño, 45 páxinas. Non é o mellor do mundo pero recoméndoo porque é moi rapido e moi agradable.

- Lenda un: Unha nena ten un irmán e pouco despois de nacer o seu irmán, quedan orfos. Ela queda soa coidando do seu irmán pero el é moi retorcido. Queima cousas e fai trasnadas, pero ao final salva ao seu pobo porque mata ao monstro que todos temían.
 - Lenda dous: Un pai moi importante morre e os seus fillos aportan elementos coma sangue, músculos, e demais cousas para resucitalo. Cando o resucitan, o pai entrega o seu Vastón ao que máis contribuíra a resucitalo, e resulta ser o menos esperado.
- Lenda tres: É curta. Trata dun rei que ten tres servos. O rei trata distinto a un deles e el véngase coa súa intelixencia.
 - Lenda catro: É unha lenda moi estraña. A xente dun pobo non morría e teñen que invocar a unha deusa para que a xente inútil morra.
 Lenda cinco: fala dunha historia de amizade entre a lúa e o sol, e explica a razón pola que xa non son amigos e viven afastados.
Andrés P