Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

16.4.14

15.4.14

30.6.12

ELVIÑA, TODO UN MUNDO

                               
                  

24.5.12

O pobo xitano: desprazamento e asentamentos

 

10.4.12

LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE

     A protagonista desta  novela chámase Lía, ten uns ollos moi grandes  e unha longa melena. Era un día de reis e os reis magos trouxéronlle moitas cousas: uns patíns, un balón, un chándal e unhas zapatillas de deporte.
     Un día escoitou un ruído, pero non viu nada até que as zapatillas comezaron a falar.    

BASEADO EN FEITOS REAIS

A inmigración; sabemos realmente o significado deste termo? Ou o primeiro que nos ven á cabeza é un barco cheo de negros que veñen enriquecerse á nosa conta? Na maioría dos casos, non nos decatamos de que os enriquecidos somos nós; nós, os que temos a posibilidade de atopar un posto de traballo digno sen que nos exploten coma bestas; nós, os que podemos acceder á educación sen moitas dificultades; nós, que non temos que partilo lombo por unha vida decente, pola comida do día a día; que non temos que deixar ás nosas familias e marchar na procura dun futuro incerto noutro continente, noutro mundo, no descoñecido.

30.3.12

USHA OU UXÍA?



Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa existencia en Devastana, unha aldea do estado de Karnataka.
Uxía sempre lle chama ma a súa nai porque é mais curto.
A rapaza axudaba nunha ONG, e alí fixo amistade con Lakshmi e Deepak, e o mellor é que aprendeu canarés e moitos costumes de alí. Enfrentouse con moitos perigos porque non sabía como era aquilo. Tamén aprendeu co seu nome significa a primeira luz do amencer, e ela acordouse diso para sempre, porque foi moi bonito.


Alex Cedeira, 1º A 

20.3.12

Todos debemos facer coma Momo cando estamos tristes



O protagonista desta historia é Momo, un neno de 13 anos que tan só ten o seu pai e un irmán imaxinario. Tras o suicidio do seu pai, Momo queda só no mundo, pero encontra a Ibrahím, un señor musulmán. Xuntos, terán unha vida moi feliz. Ibrahim morre , entón Momo casa e ten fillos...

Esta novela gustoume moito pola tenrura que respira. E cando lin o título, aínda me gustou máis. É un pracer para persoas coma min que me gusta ler.É unha afición que me vén de familia. Na miña casa, ao entrar, o primeiro que ves son libros. No salón hai centos de libros de toddo tipo. E creo que na realidade todos debemos facer como Nomo cando estamos tristes.

Victoria Suárez Gabarri, 1º C 11/12, CLUB