10.4.12

LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE

     A protagonista desta  novela chámase Lía, ten uns ollos moi grandes  e unha longa melena. Era un día de reis e os reis magos trouxéronlle moitas cousas: uns patíns, un balón, un chándal e unhas zapatillas de deporte.
     Un día escoitou un ruído, pero non viu nada até que as zapatillas comezaron a falar.    



     Dixéronlle que tiñan unha historia que contar. Entón agarrouse aos amallós e empezou a voar. De súpeto abriu os ollos e apareceu nun cuarto moi pequeno cheo de nenos facendo as mesmas zapatillas. A esquerda chama a un neno, Romesh, que lle conta a Lía que el non vai á escola e que empeza a traballar moi cedo para saír moi tarde. Fanse amigos, visítanse de cando en vez e Lía axuda a Romesh e á súa familia (ensínalle internet explorer) que empeza a vivir mellor.
     "Esta novela é moi bonita. A min persoalment gústame máis ler que escribir e este conta gústame moito... A verdade é que cada vez que vou mercar unhas xzapatillas penso moito en Lía" (María Reimóndez)

Victoria Suárez Gabarri, 1ºC