Amosando publicacións coa etiqueta CANARIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CANARIAS. Amosar todas as publicacións

26.5.12

O Arquipélago Canario



   

           Ésta información vai dirixida para os que non sabedes que é Canarias e para os que sabedes algo, saber aínda máis se vos interesa. Vouvos contar un pouco como se vive en Canarias, a cultura, o fala, etc.
         As Illas Canarias como o seu nome ben indica son un conxunto de illas de orixe volcánica situadas a pouca distancia unhas doutras, existen sete illas no arquipélago, chamadas Fuerteventura, Lanzarote, Gran Canaria, Tenerife, El Hierro, A Gomera e A Palma e tamén hai varios illotes.

A miña illa...!


 

      Eu vivía na illa máis vella de todas, Fuerteventura... non pola súa vexetación, que é pouca, senón pola súa gran tranquilidade e as súas praias.
Está cuberta por grandes praias de area fina por toda a súa costa. O relevo da illa de Fuerteventura corresponde a un estado de madureza avanzada (montañas moi pequenas) e aínda que sufriu numerosas erupcións ao longo da súa historia xeolóxica, estas non foron suficientes para compensar o proceso erosivo e rexuvenecer o terreo   apreciablemente.

 Así falamos...