Amosando publicacións coa etiqueta LENDAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LENDAS. Amosar todas as publicacións

25.4.14

O Trauco - Lenda chilota



O trauco é un home baixiño, moi feo pero de mirada doce, sempre acompañado polo seu bastón chamado ''Pahueldún'', que ten o poder de atraer ás mulleres solteiras.

Vive nos bosques cercanos as casas chilotas, buscando a próximas víctimas.

Cando as encontra, o poder dos seus centelleantes ollos e do Pahueldún fan que as mozas confíen nel. No momento no que xa están feitizadas, as rapta, as viola e as deixa no medio do bosque, completamente desorientadas e sen recordar nada. Na noite volve a súa casa en compañía da súa temible e estéril esposa Fiuna.
Por iso os chilotas teñen medo e rechazan aos fillos de pai descoñecido, porque creen que os enxendrou o Trauco e que teñen algo maligno e diabólico no seu interior.
Esta lenda como moitas outras vén de Chiloé, unha illa chea de maxia que se encontra no océano Pacífico, cerca de Chile.


Victo Mery Carreño

24.4.14

OS CUÉLEBRES / /Miguel Barrera 1ºA




Son serpes de tamaño fóra do común de forza extraordinaria. As súas formas de andar e comportarse teñen tamén un carácter que sobrepasa o normal. Nalgunhas figuracións os cuélebres teñen ás e escamas, noutras arrastran cadeas. Habitan no profundo dos bosques asturianos, nas covas, nas ruínas de muros e no máis profundo dos mananciais. Din os asturianos que a única forma de matalo é cravándolle unha lanza na gorxa ou dándolle de comer algo que non poida dixerir.
Conta a lenda que no Concello de Cudillero, na cova de Brañaseca había un enorme cuélebre. Para que non lles comese o gando, os veciños botábanlle pans de millo. Cando lle daban de comer dicían.
-Abre a boca culebrón que aí che vai o boroñón.
Un día, en vez de pan, déronlle unha pedra ao roxo vivo e morreu.

5.12.13

ATRACTIVA LECTURA



O libro recolle 5 lendas africanas. Nelas nárranse historias estrañas para a nosa cultura e iso fai que sexa interesante. É moi doado de ler e curtiño, 45 páxinas. Non é o mellor do mundo pero recoméndoo porque é moi rapido e moi agradable.

- Lenda un: Unha nena ten un irmán e pouco despois de nacer o seu irmán, quedan orfos. Ela queda soa coidando do seu irmán pero el é moi retorcido. Queima cousas e fai trasnadas, pero ao final salva ao seu pobo porque mata ao monstro que todos temían.
 - Lenda dous: Un pai moi importante morre e os seus fillos aportan elementos coma sangue, músculos, e demais cousas para resucitalo. Cando o resucitan, o pai entrega o seu Vastón ao que máis contribuíra a resucitalo, e resulta ser o menos esperado.
- Lenda tres: É curta. Trata dun rei que ten tres servos. O rei trata distinto a un deles e el véngase coa súa intelixencia.
 - Lenda catro: É unha lenda moi estraña. A xente dun pobo non morría e teñen que invocar a unha deusa para que a xente inútil morra.
 Lenda cinco: fala dunha historia de amizade entre a lúa e o sol, e explica a razón pola que xa non son amigos e viven afastados.
Andrés P