24.4.14

OS CUÉLEBRES / /Miguel Barrera 1ºA




Son serpes de tamaño fóra do común de forza extraordinaria. As súas formas de andar e comportarse teñen tamén un carácter que sobrepasa o normal. Nalgunhas figuracións os cuélebres teñen ás e escamas, noutras arrastran cadeas. Habitan no profundo dos bosques asturianos, nas covas, nas ruínas de muros e no máis profundo dos mananciais. Din os asturianos que a única forma de matalo é cravándolle unha lanza na gorxa ou dándolle de comer algo que non poida dixerir.
Conta a lenda que no Concello de Cudillero, na cova de Brañaseca había un enorme cuélebre. Para que non lles comese o gando, os veciños botábanlle pans de millo. Cando lle daban de comer dicían.
-Abre a boca culebrón que aí che vai o boroñón.
Un día, en vez de pan, déronlle unha pedra ao roxo vivo e morreu.