Amosando publicacións coa etiqueta EXEMPLOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXEMPLOS. Amosar todas as publicacións

22.2.11

Ti e a túa década

Preme na imaxe e ligarás cunha presentación
feita en GoogleDocs
 EDITAMOS NO BLOGUE UTILIZANDO  FERRAMENTAS DIVERSAS

Isto é unha webquest

Cartaces dixitais 

Entradiñas no blogue
a partir desta proposta 

Outras 

28.11.10


Ferramentas web 2.0
titoriais para que subades as vosas presentacións á rede.

28.9.10

A MIÑA VIAXE A CHINA



Meus pais déronme a alegría da miña vida cando me dixeron que íamos de viaxe a China. Era a primeira vez que saía de España. A viaxe foi moi longa, durou máis ou menos 12 horas. E por fin cheguei a Pekín.
A capital da China, é unha cidade moi interesante, pola súa cultura, as paisaxes, a xente...A distancia entre as cidades máis importantes e moi longa porque é un dos países máis grandes do mundo. Chamoume a atención que a xente despracábase sempre en bici, e tamén se utilizaban embarcacións como o sampáns para navegar polo río Yang Tsé.Os primeiros días non me acostumaba a so beber Nai Cha, que e un tipo de té con leite, e almorzar Mantou que son uns panecillos. É moi común facer artes marciais como o Kung fu, Tai chi e o Karate. Alí o ano novo o fan entre xaneiro e febreiro e as rúas énchense de faroliños e flores.

A visita a Cidade Prohibida foi xenial, hai 9.000 habitacións e alí é onde viven os emperadores chinos. Tamén me gustou moito a gran muralla e percorre 7.000 km, foi construida para protexer o imperio de China dos ataques.E o que máis me gusta son os osos panda, habitan en montañas de China e aliméntanse de bambú. Poden comer ata 14 kg ao día e chegar a pesar 140 kg.
_ Todo parecido coa realidade... é pura imaxinación... pero que ben o pasei mentres escribía_ 
Ana Vázquez