Ésta información vai dirixida para os que non sabedes
que é Canarias e para os que sabedes algo, saber aínda máis se vos interesa.
Vouvos contar un pouco como se vive en Canarias, a cultura, o fala, etc.
As Illas
Canarias como o seu nome ben indica son un conxunto de illas de orixe volcánica
situadas a pouca distancia unhas doutras, existen sete illas no arquipélago,
chamadas Fuerteventura, Lanzarote,
Gran Canaria, Tenerife, El Hierro, A Gomera e A Palma e tamén hai
varios illotes.
A miña illa...!
Eu vivía na illa máis vella de todas, Fuerteventura... non pola súa vexetación, que é pouca,
senón pola súa gran tranquilidade e as súas praias.
Está cuberta por grandes praias de area fina por toda a súa costa. O relevo da
illa de Fuerteventura corresponde a un estado de
madureza avanzada (montañas moi pequenas) e aínda que sufriu numerosas
erupcións ao longo da súa historia xeolóxica, estas non foron suficientes para
compensar o proceso erosivo e rexuvenecer o terreo apreciablemente.
Así falamos...