Amosando publicacións coa etiqueta _INTERCULTURAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta _INTERCULTURAL. Amosar todas as publicacións

12.12.15

1.2.14

19.11.13

O TROLL. Cynthia Rodriguez Sagra 2ºA



 Un troll é un ser mitolóxico cos ollos verdes, os dentes brancos e afiados que cortan a noite e brillan á lúa. O corpo moi moi peludo, os brazos tan longos que case rozaban o chan e as pernas curtas. As mans de dedos longos e unllas afiadas...Nos contos escandinavos os trolls volvense de pedra ó contacto coa luz solar. Os trolls viven en bosques e montañas, a veces raptan nenos humanos e obriganlles a vivir con eles. De cando en vez poden raptar a un recén nacido e cmbialo por unho dos seus bebés.
Son semellantes a uns seres galegos chamados trasnos populares en contos infantís e lendas.

Os trasnos máis comúns son aqueles que fan "trasnadas"por exemplo:
O trasno burlón vive no ar e xoga cos demochiños, nubeiros, tronantes e por iso os raios caen retorcidos e o trono soa moito despois do choque das nubes. As veces algúns baixan a terra para facer trasnadas e entón é cando as nais perden as cousas e en tódalas casas escoitanse as mesmas preguntas. Onde estan as chaves do coche? Alguén viu a miña carteira?
Onde encontrase a blusa?

30.6.13

Ética para Amador .

Na clase de Ética estamos lindo un libro titulado "Ética para Amador" de Fernando Savater  .
Chámame moito a atención porque nos fai reflexionar sobre as cousas que non son necesarias e que as veces apreciamos mais as cousas materiais . Tamén fálanos do que nos conven e do que non e que non siempre o que pensamos nos vai beneficiari.

6.6.13

A DANZA DO VENTRE



Como algúns sabedes, na miña familia por parte de pai, teño descendencia turca o que me leva a ter curiosidade pola súa cultura e a forma de ser da súa xente.

Fai xa uns 9 anos máis ou menos, comecei a ir a unhas clases particulares de baile turco, grazas ás irmás do meu pai.

Ao principio pensei que sería un aburrimento, pero cando a profesora Alina díxome que ía facer Danza do ventre, quedei bastante impresionada.

O primeiro que pensei foi en que consistía?

·A danza do ventre, tamén chamada danza árabe, é unha danza que combina elementos tradicionais de Oriente Medio xunto con outros do Norte de África.


En lingua árabe coñécese como raqs sharqi ("danza do leste" ou "danza oriental"). Inclúe movementos do folclore exipcio, danza clásica e contemporánea, con grandes desprazamentos, voltas e movementos de todas as partes do corpo, pero sobre todo da cadeira. En Turquía, á danza do ventre coñécese como gobek dans ou rakasse.

Pensaba que sería fácil, porque Ali era moi boa no seu, pero cando vin que movía as cadeiras desa forma quedei coa boca aberta.

Días despois ensinoume algúns movementos básicos e máis tarde fixo que estirara un pouco a columna para ter máis elasticidade. Claramente, a dor era moi forte así que tamén o facía en casa.

Co tempo, o sentimento por esa danza foi crecendo igual que a facilidade e a abilidade, por fin, fai uns meses Alina deume un título de bailarina e síntome moi feliz e realizada.

Yanca Almeida