7.2.13

ADOLESCENCIA EN CUBA


"As raíces do Tamaringo" é unha novela de Sindo Pacheco, na que reside xente normal e corrinte, mesmo persoas que podemos ter nós ao noso redor a cotián.
Tony é un neno que vive en Cuba, estudante de secundaria, e que os problemas que está a vivir son os máis normais na adolescencia, e polos que moita xente ou incluso nós mesmos podemos pasar algunha vez.
Este adolescente, vive os cambios que lle produce a adolescencia; ademais as cousas complicanselle polo encarcelamento do seu pai e o pouco que lle gusta ir a escola.
E cando parece que as cousas non poden empeorar, fano. A situación familiar empeora, e todo o que lle rodea vai a peor; perde a su avoa, e a un amigo.
Pero como non sempre todo é malo; o seu paí sae do cárcere, e recuperan a súa relación; as cousas coa súa nai comezan a ir mellor; e encontra apoio nunha moza..
Pareceume un libro moi sencillo, sen ningunha dificultade e que me mantivo ca intriga e me fillo meterme na historia ata a última páxina.
Un exemplo de como meter a xente na vida e nos sentimentos do personaxe; e de todas as cousas que pasan fóra ou dentro das nosas vidas.


Jessica Martínez Raña