27.2.16

"¡un libro vale para todo! Con los libros viajas, con los libros sueñas, los libros te protegen, te acompañan...".


Lleva un libro en la maleta é unha asociación cultural que recolle libros e material escolar para levalos á República Dominicana. O libro conta a historia dunha nena dominicana que emigra ao noso país e que cando vai de visita quere levar un libro para a súa antiga escola, xa que é o que máis admira da escola de aquí: a posibilidade de ler que ofrece a biblioteca escolar e da que alí carecen. Así que estamos ante unha fermosa historia que fala da importancia da lectura e do valor da amizade, así como de interculturalidade e solidariedade.

24.2.16

22.2.16

Miramos a bolsa da compra polo mundo adiante

Todos estamos en xeral acostumados a comer un determinado tipo de comida e a seguir un tipo de dieta que, a pesar de que pode variar ao longo do tempo, é froito dunha herdanza cultural, social e gastronómica.