6.6.13

DE TURISMO POR SOBRADO


Hai dous días estiben de turismo pola terra natal do meu pai visitando diferentes sitios que fan de Sobrado un lugar fermoso.

Unha desas fermosidades é o seu mosteiro de tipo barroco e renacentista do ano 952 que a pesar de que pasou por varios altibaixos, xa que foi abandoado varias veces, segue en pé grazas as reformas de Quiroga Palacios ( arzobispo da Catedral de Santiago).





Os monxes fixeron unha lagoa artificial para crear unha piscifactoria de truchas dedicada o autoconsumodo mosteiro e incluso outros conventos da mesma orde. Esta, hoxe en día, é recoñecia internacionalmente pola súa abundante vexetación e variedade de aves.


Logo pasei polas Máomas da Pena da Moura, pedra granítica 11 metros de altura. Sí, ese punto branco da foto son eu! Estas pedras van acompañadas dunha lenda que conta que foron colocadas alí por obra do home. Pero eso non é o que me sorprendeu de verdade. Encontrei, debaixo dunha das pedras, un ramo de rosas artificiais. Un pouco sospeitoso, non sí?

Por último pero non menos imporante fun ao Campamento Romano de Cidadela que era un campamento militar, o máis extenso de Galicia e protexido por unha muralla e un foso, onde 500 militares tiñan a función de vixiar o paso dende A Coruña hasta Lugo.


Despois desto aprecio moito máis Sobrado xa que se non me puxera a investigar nunca me daría conta do que escondía e sería unha pena.

Tania Villamor