13.4.12

A miña etnia




O positivo da etnia xitana é que a familia está máis unida que as familias paias, e cóidanse uns dos outros. Os xitanos son unhas persoas nas que se pode confiar, a pesar do que di a xente deles. Os xitanos cada dia son discriminados sen razon, só porque teñen mala fama. Iso non debia se asi; a cultura xitana pode que sexa unha das culturas máis interesantes de todas e a xente non se dá conta. Os xitanos son moi alegres e moi amistosos. Ás veces hai xente que prefire ter amistades xitanas a amistades paias porque a verdade é que non hai moitas diferenzas dos xitanos e os paios; todos somos iguais anque un sexa de pel oscura e outro de pel clara; eso dá exactamente igual. Os xitanos son persoas como outros.