31.3.12

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

Estimado José Mauro de Vasconcelos:

Este libro encantoume por Zezé, un neno pequeno moi intelixente e curioso, que empeza a descubrir un montón de cousas por el só, ainda que a súa familia non lle cree. Ten que vivir moitas aventuras, mudar de casa... e tamén decubre que crecer non é tan fácil e divertido como el pensaba.

A min persoalmente gustoume moito, xa que a historia é narrada en Rio de Janeiro, Brasil, o meu país.

Dentro da historia sairon e foron nomeados moitos personaxes curiosos, por exemplo: Tio Edmundo, Totoca, Didiña, Jandira, Gloria, Lola...

Pero eu non teño ningunha dúbida, o meu personaxe favorito é Zezé, talvez porque me identifico un pouco con el.. non o sei.

Recomendo a todos os que queiran pasar un bo rato lendo a que collan este libro.

11th January 2010
1ºA Libros Nathália