SON CENTENARIAS, ÚNICAS E POSÚEN UN ALTO VALOR CIENTÍFICO, PAISAXÍSTICO E CULTURAL. SON AS INTEGRANTES DO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DE GALICIA, UN INVENTARIO ABERTO DO NOSO PATRIMONIO QUE PRETENDE SER A MELLOR FERRAMENTA DE PROTECCIÓN E DIVULGACIÓN DA RIQUEZA NATURAL EXISTENTE EN PRAZAS, PARQUES, ALAMEDAS, XARDÍNS OU MESMO Á BEIRA DUNHA ESTRADA.