Amosando publicacións coa etiqueta 2009/10. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2009/10. Amosar todas as publicacións

10.4.12

QUE SABES SOBRE O MEU PAIS?

_Camerún e un país que se atopa na costa occidental de Africa.
    No Oeste atópase o Macizo Volcánico dos montes de Camerún,  no interior hai altiplanos e no Norte encóntrase o Lago Tchad. As súas costas son chas , con pantanos e lameiros.   O clima é húmido na costa , moi chuvioso no interior e seco no Norte . Entre os seus ríos principais están o Senega e o Lagone.

_A maior parte da poboación vive da agricultura :
     -cultivo de banana
     -cacao
     -café
_Tamén e importante a explotación madeireira , a pesca e a extracción de alumiño e petróleo .
_No século XV chegaron os colonizadores portugueses e iniciaron o comercio de marfil e estravos .
_A finais do século XIX foron os alemans os que establecerón o control e desde 1919 pasou as mans francesas e británicas no 1960 conseguíu a independencia .



DATOS:
habitantes : 15.456.992
superficie : 475.442 km2
densidade : 32 hab./km2
capital : Yaundé
sistema de goberno : Doula,Nkongsamba,Fambon
idioma : francés e inglés
3 comentarios

4.4.12

Intercambio cun inglés





Alba falou deste libro pero eu vou dar outro punto de vista.Creo que che ensina moitas cousas a amizade, a non xuzgaras cousas pola aparenza, a vivir en grupo, a afrontar as cousas por díficil que sean. Iso é o que a min me ensinou e a ti tamen estas e outras cousas che pode ensinar así que a que esperas,
le o libro.

3 comentarios

_ Isabel, ler

31.3.12

XIAO XIAO E XIN XIN

China é un país que está moi lonxe. Xiao Xiao e Xin Xin son dous compañeiros do Instituto que están aprendendo galego e español para poder entender o que se aprende en clase.
A foto está tomada na aula que tiñan no seu instituto en Qing Tian e na súa casa.
Xiao Xiao e Xin Xin deséxanvos feliz nadal.
Se queres saber algo máis da China preme nesta ligazón

A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA

Estimado José Mauro de Vasconcelos:

Este libro encantoume por Zezé, un neno pequeno moi intelixente e curioso, que empeza a descubrir un montón de cousas por el só, ainda que a súa familia non lle cree. Ten que vivir moitas aventuras, mudar de casa... e tamén decubre que crecer non é tan fácil e divertido como el pensaba.

A min persoalmente gustoume moito, xa que a historia é narrada en Rio de Janeiro, Brasil, o meu país.

Dentro da historia sairon e foron nomeados moitos personaxes curiosos, por exemplo: Tio Edmundo, Totoca, Didiña, Jandira, Gloria, Lola...

Pero eu non teño ningunha dúbida, o meu personaxe favorito é Zezé, talvez porque me identifico un pouco con el.. non o sei.

Recomendo a todos os que queiran pasar un bo rato lendo a que collan este libro.

11th January 2010
1ºA Libros Nathália

bloque 12,2ª esquerda.

Estimada Alicie Vieira.

 Nestas vacacións tocoume ler o teu libro (Bloque 12,2ª esquerda) gustoume moito porque a rapaza aprendeu a se relacionar con xente que non coñece de nada.
 Gustoume moito o personaxe de Mariana, porque me identifico moito con ela, ademais as dúas tivimos que vivir a mesma situación de cambiar de casa máis dunha vez e as veces é dificil empezar de cero.

 A historia desarollase nuha cidade de Portugal é tamen nunha escola. Convido a todos ler Bloque 12,2ª esquerda, trata dunha nena de 12 anos xamada Mariana, esa rapaza ten que abandonar a súa vella casa de toda a vida para mudarse nun piso novo, para ela todo isto significa empezar de cero como se volvera renacer .

 Se queredes sabes como remata esta historia vos aconsello que leades o libro

18th January 2010
Arlette

30.3.12

O CARTEIRO DE BAGDAG

Este libro está escrito por Marcos S.Calveiro. Recomendoumo a miña profesora e, eu penso que foi por ver a realidade do que se vive nalguns países por mor das guerras, pero ao longo da historia ten algo de esperanzador. Trata sobre a guerra que se vive en Bagdad, a destrución das escolas, das bibliotecas, e a ansia de supervivencia nos habitantes.