30.3.12

O CARTEIRO DE BAGDAG

Este libro está escrito por Marcos S.Calveiro. Recomendoumo a miña profesora e, eu penso que foi por ver a realidade do que se vive nalguns países por mor das guerras, pero ao longo da historia ten algo de esperanzador. Trata sobre a guerra que se vive en Bagdad, a destrución das escolas, das bibliotecas, e a ansia de supervivencia nos habitantes.







As persoaxes principais son:
-Adulwahid  é un neno moi introvertido.
-Ibrahim que é o seu pai , reparte o correo arrisgando a sua vida; demostralle ao seu fillo a sabiduría dos libros.
-Fatiha a nai, arranxa da mellor forma os problemas cotiás.
-Ahmed é o mellor amigo de Adulwahid ; estiveron  separados un longo tempo, por ser de distintas relixións, pero como a amistade e o amor non entende de relixións mantivéronse xuntos nos momentos máis duros.
A historia trata dunha cidade chamada Bagdad, onde cada día os meses pasan co fin da lúa nova, tamén, do empeño que ten Ibrahim en entregar unha misteriosa carta custe o que custe, aínda que sofre un accidente, e faille prometer ao seu fillo que entregue el a carta. Nesa viaxe terá que ser forte e cumprir a vondade do seu pai; terá que someterse aos perigos, momentos de medo, curiosidade e alegría.
Este libro gustoume moito, sumerxinme nun mundo distinto e divertinme, espero volver ler un libro así de fermoso.
Se queredes saber máis sobre o libro premede aquí.