10.4.12

UNHA VIAXE MOI ESPECIAL

A miña viaxe foi cara Uruguai, o 2 de Setembro de 2008.É unha das viaxes que máis recordo e que foi moi especial porque realizeina eu soa como regalo dos meus pais polas boas notas, e porque despois de moitos anos volvín a miña terra.
Despois de moitas horas no avión, cheguei, por fin, a Uruguai.Alí esperábame toda a miña familia nerviosos
e ansiosos desexando a miña chegada. Despois de moitas bágoas, prendín rumbo cara a casa dos meus avós situada no centro de Montevideo.Cando cheguei alí viñéronme á mente tódolos momentos vividos da miña infancia. Estiven alí un mes, paseei, coñecín ao meu curmán, fun de compras, e sobretodo disfrutei da familia, por iso pasamos unha semana nunha cabaña en Punta del Este, sendo un dos balnearios máis caros e fermosos de Sudamérica.

Na miña estadía a maior parte do tempo estiven na casa dos meus avós situada no centro de Montevideo, pero tamén pasei algúns días no chalet da miña tía en Solymar que está aproximadamente a 24 km de Montevideo.


E o mellor de todo foi voltar a miña terra, ver a miña familia e disfrutar da deliciosa comida que me esperaba cada mediodía, o asado,sendo a delicia máis característica de Uruguai.




Pasado un mes, chegou o día de regresar a España; fixen as maletas e prendín rumbo ao aeroporto, con moita tristeza e moitas bágoas collín o avión e o primeiro que me preguntei foi: " Cando volverei a ver a miña xente, a miña terra..." ?


Antonella