Ola!
Imos falar un pouco da nosa primeira viaxe de avión, cando saímos de Brasil para España.
Unha viaxe divertida e inesquecible.
No día 16 de maio pola mañá saímos de casa camiño do aeroporto, ao chegar nos atopamos cunha gran sorpresa: Todos os nosos amigos fixeron unha fermosa homenaxe de despedida para nós con carteis, presentes e videos. Despedimo-nos de todos e logo fomos ao portal de embarque. Saímos de Recife- Pernambuco ás 10:50hs
para o Río de Xaneiro.
Pegamos o voo de camiño a Portugal, ao entrar no avión xa sentimos frío e pensamos... se no avión sentimos ese frío ..como sera en España?
Ao chegar tivemos que esperar o próximo voo para Portugal. Ate aí tudo ben!... A viaxe foi longa e divertida.
Joyce sentiu ganas de ir ao baño e o avión estaba coas luces apagadas, chegando alá sufriu para abrir a porta e, ao volver pasou directamente desde o seu asento e espertou unha muller a pensar que era eu. Foi moi divertido non conseguir para de rir...
Despois dun tempo fun ao baño e non imaxinei que o mesmo sucederia comigo e aínda mais, cando cheguei no baño estaba co telefone enganchado na miña sandalia... tirei o fone e puxen encima da pía e logo esquezo de recollelo. Pode non parecer máis foi unha viaxe daquelas, realmente inesquecible.
Non é facil cambiar a súa historia de vida seu futuro a unha nova vida sen saber como sería... Iso foi o que pasou con nós dúas antes de chegar aquí!
Espero que vos guste.
Joyce