Carlota é unha rapaza de 14 anos que grazas á súa avoa descobre as inxustizas que a rodean, feitos que xamais imaxinaría. Dende que lle regalaron o diario violeta, a nena pon cada día unhas gafas desta cor para ser capaz de recoñecer a desigualdade social que a rodea. Descobre así que vive nun mundo no que o machismo está tan adaptado que mesmo as mulleres son machistas, o seu propio pai está de acordo que é mellor contratar a unha muller guapa e delgada para un traballo e non a unha gorda e fea; e que pasa? que un home gordo e feo si que pode ser aceptado nun posto de traballo idéntico ao dunha muller? por qué?
Isto sen contar que unha muller debe de ser por excelencia a ama da casa e pasar o día nas tarefas domésticas coma se non tivese máis vida. É moi curioso ademáis que o propio dicionario discrimine á muller con definicións como a de médico e médica; o médico é aquel que exerce a medicina, a médica ademáis disto é a muller do médico; e logo o médico non é o marido da médica? Comprobádeo en calquera dicionario.
Pero, sen dúbida, o que máis me chamou a atención foron as cartas das nenas doutros países que sufrían esta violencia, pero en moita maior media; esta é unha:
Ola, chámome Efua e vivo en Somalía, en África. Hoxe é o meu aniversario: cumpro seis anos e estou triste porque me gustaría non ter que medrar nunca, nunca. Ter seis anos para sempre, para toda a vida...Ese é o meu único dexeso.
Pero é un soño imposible, seino. E por iso, dentro dun ano, cando cumpra sete, vanme facer a ablación. Ao mellor, ti nin sequera oíches falar disto, verdade? Que sorte tes! Quere dicir que vives nun país no que non se mutila as nenas. No meu, coma en moitos outros de África ou de Asia, por causa da tradición, ás nenas, antes de entrarmos na puberdade córtannos o clítoris.
Aínda que eu non pasei por esa experiencia sei que é horrible. O ano pasado oín os berros da miña irmá Rosalie cando llo facían. Despois, explicoume que loitou coma unha loba para que non puidesen cortarllo. Finalmente, tiveran que suxeitala entre sete mulleres para conseguilo. Pola noite fun vela e non facía máis que chorar e sangrar. Continuoulle sangrando durante moitos días. Eu temía que morrese. Algunhas nenas morren por mor da hemorraxía ou polas infeccións.
Rosalie non morreu. Agora xa hai meses que llo fixeron, pero aínda non ten a ferida pechada. Vese obrigada a camiñar coas pernas abertas porque lle doe. Ademáis, cada vez que mexa, próelle moitísimo e chora malia querer aguantar as bágoas.
A miña curmá, Zenebú, que ten quince anos, di que é ainda máis doloroso cando tes que meterte na cama cun home para ter relacións sexuais. Ela sabeo porque os seus pais a obrigaron a casar cun home de trinta e dous anos. Ademais, tamén lle doe no momento do parto, ela xa ten un fillo dun ano e está esperando outro.
Teño medo de pensar no momento no que coloquen unha navalla nas miñas pernas e, zas!, me arrinque un anaco da miña carne. Miña e de ninguén máis! Medo da dor que vou sentir toda a miña vida. E medo de morrer da hemorraxia e dunha infección.
Gustaríame ser pequena para sempre xamais.