9.12.14

CRÓNICA DUNHA VIAXE VIRTUAL

PAZO DE OCA, Pili Jiménez.

Ola profesora! fomos ver o pazo da oca que foi na súa orixe unha antiga casa-forte do s. XV. O edificio componse de planta baixa , a torre , parte alta , parte posterior , andar superior , a capela , os xardíns con dúas zonas. É todo tan bonito que oxalá viñeras con nós.

Fomos Óscar , Nerea , Praticia máis eu e os nosos pais, ás 17:00h entramos á planta baixa cos seus ocos cadrados de luz e unha porta central. Despois ás 17:30h fomos á parte alta nela sitúase sete grandes fiestras , dúas delas con balcón e outra balconada central sobre o portón  principal de entrada , sacamos mooitas fotos.
A torre ofrece cinco ocos cara á praza; na parte posterior do edificio aparece un pórtico fermoso; no andar superior a antiga solaina converteuse en galería , sobre unha balaustrada de pedra , ofrecendo iluminación natural.
A capela adicada a Santo Antonio atópase unida ao edificio por unha balconada e soportais. No seu interior hai tres retablos , adornados con 35 figuras. Foi o que máis me gustou , porque eran moi orixinais.
Xa eran ás 19:00h tiñamos unha fame... pero aínda así seguimos camiñando ata os xardíns; din que que é a parte máis monumental do pazo , están cruzados por dous paseos centrais con fonte monumental , palacetes e pavillóns. Estivemos un bo rato observando os palacetes así que Nerea e eu fomos adiantando ata ver as dúas zonas nos xardíns , os da parte sur do pazo que ven descendendo suavemente ata unha saída aos campos de labranza e cuxa finalidade é crear unha prespectiva.  Foi todo tan bonito que estaría alí todo o día , saímos de alí ás 20:30h. O máis divertido  foi cando Óscar caeu na capela , foi moi gracioso. Ben vou despedíndome. Un saúdo ; PILI JIMENEZ.