Un troll é un ser mitolóxico cos ollos verdes, os dentes brancos e afiados que cortan a noite e brillan á lúa. O corpo moi moi peludo, os brazos tan longos que case rozaban o chan e as pernas curtas. As mans de dedos longos e unllas afiadas...Nos contos escandinavos os trolls volvense de pedra ó contacto coa luz solar. Os trolls viven en bosques e montañas, a veces raptan nenos humanos e obriganlles a vivir con eles. De cando en vez poden raptar a un recén nacido e cmbialo por unho dos seus bebés.
Son semellantes a uns seres galegos chamados trasnos populares en contos infantís e lendas.
Os trasnos máis comúns son aqueles que fan "trasnadas"por exemplo:
O trasno burlón vive no ar e xoga cos demochiños, nubeiros, tronantes e por iso os raios caen retorcidos e o trono soa moito despois do choque das nubes. As veces algúns baixan a terra para facer trasnadas e entón é cando as nais perden as cousas e en tódalas casas escoitanse as mesmas preguntas. Onde estan as chaves do coche? Alguén viu a miña carteira?
Onde encontrase a blusa?
Máis información sobre os trolls en:
Galipedia- trolls
E sobre os trasnos en:
Galipedia-trasnos