![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhndad6ZrCekVsxaRzlQ0hom8_Ryzwc93HLja_3uwzr8xjIPf1HOYCDILf6-gsjJG1oU0AQQ1UuTyXsolmxEM8YdnfswrQWlxfGriAKy8ZPA6ZnP_tFS_OMHV0tU0IWCQzA2iin6EVDkRU/s200/louis_armstrong_1.jpg)
Comezou a tocar a corneta no correccional con 14 anos, e foise convertendo nun intérprete cada vez mais popular na súa cidade natal até que en 1922 King Oliver o chamou a Chicago para incorporalo ao seu grupo como segundo corneta. Axiña se veu que o aluno superaba ao mestre e en 1925 comezou a gravar como lider coa súa banda: os Hot Five e Hot Seven. Estás gravacións cambiarían o Jazz dunha música de improvisación colectiva a unha onde o fundamental é o solo, a expresión individual dun músico.