29.3.12
A Coruña
A Coruña é o concello situado no noroeste da comunidade autónoma de Galicia.Está asentada nunha península granítica de tres quilometros e conta con preto de 250 000 habitantes.
O termo municipal da Coruña encádrase baixo o dominioclimático oceánico húmido.A temperatura media anual é suave arredor duns 13 ºC,e é a cidade galega do litoral con menos pluviosidade respecto do seu contorno.
No que atinxe ao desenvolvemento económico da Coruña,é decisivo o seu porto comercial: a cidade herculina é unha das principais lonxas europeas de peixe fresco.ademais, esta cidade conta cun gran número de establecementos industriais de pequeno e medio tamaño. A Coruña é,despois de vigo, o foco industrial máis importante de Galicia. Nos últimos anos tivo un importante desenvolvemento o sector terciario e, ademais, produciuse unha importante renovación urbana.
Finalmente, hai que destacar a importancia nos últimos anos do século XIXdo rexionalismo galego, ao constituírse o grupo denominado a Cova Céltica que se xuntabana librarí Rexional. Desde grupo rexionalista sairía o sector máis importante dos fundadores da Real Academia Galega.
Posted 14th April 2010
Ayuob