31.3.12

CHABELI DESCUBRE OS CASTROS


     Nunca me parei a pensar o que era un castro. Cando falemos en clase eu cría que falaban da rúa dos castros ata que o explicou ben a profe con imaxes e todo, e xa sei o que é un castro,grazas a esta actividade.

     Os castros eran asentamentos con cabanas agrupadas e rodeadas de muros e foxos para a defensa. Estaban situados sobre outeiros estratéxicos.Estes poboados fortificados foron construídos a idade do ferro e veñen ser as primeiras construcións coñecidas de habitación permanente en Galicia.

     Existen en Galicia máis de 2000 castros, a maioría sen catalogar e sen estudar. Os castros máis antigos detan do 800 a.C. pero é a partir de 600 a.C. cando hai un desenvolvemento pleno da chamada cultura castrexa.

     Os castros non son exclusivos do Noroeste Peninsular, xa que existen en toda Europa. Pero o que si é certo é que os castros do Noroeste teñen unha singularidade, ao presentar características propias que os diferenzan dos poboados de grupos culturais veciños.

     O que máis me chamou a atención foron a xoias.Descubrin que había fíbulas, arracadas, torques, machados...Gustoume moito. [Elixin as arracadas porque me recordan as  xoias que nos gustan as xitanas, que somos moi presumidas.]