Non quero ser crítica, mais Sudáfrica que?
Quero falar un pouco sobre Sudáfrica, primeiro porque aí erguimos a copa do Mundo e segundo porque, ainda que non o coñezo, é un lugar precioso.Non quero falar da súa política e tampouco da súa localización, se non do que vexo e escoito.Sudáfrica conquistou meu corazón coa súa xente, as súas cores, a súa alegría, a súa forza e xa sabedes que co seu Mundial.
Falando do Mundial, todos sabemos que levou moito diñeiro a ese país tanto como para organizar a metade del.
Entendo que haxa moitas cousas que facer con ese diñeiro, mais creo que unha das máis importantes son os barrios pobres. Durante os partidos celebrados, na tele sempre falaban da parte máis bonita, dos lugares máis impresionantes. E que hai co demais?. Supoño que non lle dan tanta importancia, como a debe ter.
É normal que estexan orgullosos de Nelson Mandela, que lles defendeu e case deu a súa vida pola súa xente. Non merecen vivir nesas condicións. Espero que as cousas sexan diferentes dentro de pouco e que o sexan para mellor. Tanta tecnoloxía no mundo, e dedícanse a calquera cousa antes que axudar á xente que sí o necesita. Por que non reducimos todo o diñeiro que gastamos cos presidentes, construcións de grandes edificios que en realidade só afectan á natureza. Gastos realmente inecesarios. Moito falan de que hai que pensar en todo o importante para a humanidade e eu non vexo accións como debería ser.
Espero que pronto encontremos unha forma de que todo teña outro aspecto.
Yanka Almeida