OS RÍOS GALEGOS
As característcas dos ríos galegos son:
Concas moi compartimentadas polo relevo.
Elevada caudalosidade.
Predominio dos ríos da vertente atlántica fronte a cantábrica.
• Cantábrica: 2500 km2 (8,5% de Galicia). Os ríos da vertente cantábrica son curtos (salvo Navia (80 km) ou Eo (79 km) dado que nacen nas serras orientais. Os outros nacen nas serras setentrionais.
• Atlántica: 27.000 km2 (91,5% de Galicia). Diferenciamos a Galicia litoral e interior. A primeira ten como extremo do nacemento dos ríos a Dorsal Occidental e en moitos casos as serras litorais. Ríos
curtos cunha extensión entre 50 e 100 km. Na interior destaca a gran conca do Miño-Sil que ten unha extensión duns 15.000 km2.
No sureste ourensán detacan dúas concas que se abren cara Portugal (Limia e Támega (esta pertenencente á conca do Duero).
• Forte encaixamento da rede fluvial: aproveitamento para encoros.
• Caudal abundante e regular. Réxime pluvial oceánico (enchente en inverno e estiaxe en verán) pluvio-nival nas cabeceiras orientais (dúas enchentes: inverno e primavera e estiaxe en verán).
Vista do canón do Sil |