6.10.10

TODO O QUE QUEIRAS SABER... SOBRE AS NOSAS ILLAS

As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 13 de xuño do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza e no décimo terceiro a nivel estatal con unha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.000 marítimas aproximadamente. Recibe a denominación de Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza. No ano 2007 o parque recibiu 238.939 visitas.

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixa sestán declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico recreativo e educativo.

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo.
Alex Bermúdez
Fernando Costa