23.9.10

MORRIÑAS E SAUDADES

Este verán fun coa miña nai a Brasil.O día 15 de xullo saímos ás seis da madrugada de Coruña e fomos ata o aeroporto de O Porto, a viaxe foi longa: 11 horas e media ata Guarulhos e de aí, collimos outro avión ata Florianopolis pero esa viaxe foi de só corenta minutos.
Cando baixei do avión estaba moi nervosa, xa que facía máis dun ano que non vía a miña familia.Os primeiros días sentíame estraña, polo idioma e todo. Pouco a pouco funme afacendo e acostumeime a falar portugués, case máis que español.
Na zona na que fun de Brasil, non é coma todos pensan, non é coma a imaxe que a xente ten de Brasil : todo cheo de favelas, xente moi morena...
É unha zona colonizada por Alemáns  a maioría da xente é loira e de pel ben branca, por iso cando alguén me ve sempre me dis que eu non poso ser Brasileira. Botava de menos Brasil, lémbrome que o primeiro que vín, foi as casas Alemáns, con teitos moi bonitos que sempre encantaronme.
A segunda semana, fómos otra vez a Florianópolis e debo reconhecer que é a miña cidade favorita de Brasil polas súas praias e os seus surfistas...Ainda que sen dúbida algunha o peor da viaxe foi a despedida..
Fai poucos días que cheguei a España, pero xa teño ganas de volver a Brasil!
Nathalia